HomesociedadeMarketing aplicado ás adegas e pastoreo na alimentación de rumiantes, próximos cursos...

Marketing aplicado ás adegas e pastoreo na alimentación de rumiantes, próximos cursos da Agacal en Monforte

A Agacal organiza no Centro de Experimentación Agroforestal de Monforte tres cursos sobre o manexo da alimentación de ruminantes a base de pastoreo. As accións formativas celebraranse en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, os vindeiros días 18, 19 e 20 de outubro. E do18 ao 28 de outubro a sede do Consello Regulador da denominación de orixe (DOP) Ribeira Sacra acollerá un curso para analizar os tipos de mercado que existen no sector vitivinícola e as estratexias comerciais para a introdución en cada un deles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso sobre o manexo da alimentación de ruminantes a base de pastoreo ten por obxectivo formar e asesorar ao sector gandeiro para facer un bo uso do pastoreo como método de alimentación óptimo para abaratar os custos de produción e mellorar a calidade dos produtos finais, baseándose nunha gandaría máis eficiente e respectando o medio ambiente. Neste senso, o programa dos cursos centrarase nos principios básicos e sistemas do pastoreo, cunha visita final a unha granxa que emprega esta técnica de alimentación.

En canto á acción formativa para adegas, constará de 20 horas lectivas en horario de tarde ao longo de oito xornadas. Impartida polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal, o seu obxectivo principal é analizar os distintos tipos de mercado que existen no sector vitivinícola e as correspondentes estratexias de márketing para a introdución en cada un deles. Así, o curso comezará cunha introdución ao mundo do viño, avaliando os distintos tipos de comercios, así como nocións sobre o márketing. Tamén se tratarán as estratexias e canles de distribución, a publicidade e as relacións no sector vitivinícola, o comercio exterior e, por último, as posibilidades do merchadising, da internet ou das redes sociais para a promoción.

Estas accións están dirixidas en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes. Así, deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico maria.estrella.rodriguez.rodriguez@xunta.gal e consultar calquera dúbida no teléfono 982 889 102.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...