HomesociedadeO "Autobús da Repoboación" o día 19 de outubro en Triacastela

O “Autobús da Repoboación” o día 19 de outubro en Triacastela

O 'Autobús da Repoboación', unha iniciativa estatal para poñer en valor a España rural como terra emprendedora e de innovación social, chegará o vindeiro martes, día 19, a Triacastela, proseguindo así a súa xira polo Camiño de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A caravana, que está a percorrer o Camiño Xacobeo e outras localidades do resto de España para finalizar en Santiago de Compostela, pon o foco na súa terceira edición no emprendemento feminino e na importancia da muller no medio rural.

En cada unha das paradas o autobús realiza un coloquio e un programa de televisión en directo, que é retransmitido por PresuraTV nas súas canles de Youtube e na súa páxina web, e que terá como protagonistas a persoas emprendedoras de cada comarca, especialmente mulleres.

O lema deste ano é ‘Rural Feminino’, polo que se busca poñer en valor e visibilizar o peso que as mulleres teñen no medio rural e o que terán a futuro coa reconsideración cara a novos modos de emprendemento e innovación social nas zonas rurais. O autobús deste ano loce unha gran ilustración dunha muller con capa, unha heroína rural moderna, que é obra da artista vasca, María Lezón.

Presentación en  Triacastela

En  Triacastela, a xornada inaugurarase pola tarde coa presentación do autobús por parte da conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, e da alcaldesa da localidade, Olga Iglesias, ademais dos representantes do proxecto.

De seguido realizarase un programa televisivo sobre repoboación rural que contará coa participación de ambas as dúas dirixentes públicas. Tamén haberá unha mesa redonda cunha ducia de emprendedoras, mulleres rurais da localidade e da Comarca que exporán o que significa para elas a vida no rural.

O ‘Autobús da Repoboación’ é unha iniciativa do centro de impulso do emprendemento social El Hueco, coa colaboración de diversos gobernos autonómicos e as administracións locais nas que fan parada.

ÚLTIMAS

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...

Veciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa do Patrón e comer o cocido

A Asociación de Veciños de Bazal, con máis de dúas décadas de existencia nesta...