HomesociedadeA Finca Míllara xa ten o selo de 'Galicia Calidade'

A Finca Míllara xa ten o selo de ‘Galicia Calidade’

Esta adega da D.O. Ribeira Sacra súmase así a unha ampla listaxe de empresas do sector vitivinícola certificadas con esta marca de garantía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través de Galicia Calidade, entregou este venres 15 de outubro o diploma de certificación do selo Galicia Calidade á adega Finca Míllara. A distinción recoñece e pon en valor o esforzo pola elaboración de viños de calidade.

No acto de entrega do certificado –ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias–, Manuel Heredia, presidente de Galicia Calidade e director xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, salientou a aposta de Finca Míllara polos “viños de calidade, mediante a produción sustentable”, sen herbicidas e cunha vendima manual para obter o mellor dunhas viñas situadas en ladeiras cunha pendente do 50%.

Coa incorporación de Finca Míllara, situada no Concello de Pantón e en plena Ribeira Sacra, serán xa 18 as adegas certificadas co selo de garantía Galicia Calidade. A estas empresas hai que sumarlle outras 120 de sectores como a alimentación, a hostalería, o lácteo ou a xoiaría, entre outros. En total, son máis de 400 produtos e servizos avalados con este certificado.

FINCA MÍLLARA, O PROXECTO

Finca Míllara é un proxecto empresarial que non se reduce á viticultura, senon que abrangue tamén a restauración, a produción de aceite de oliva ou as conservas. Naceu no ano 1999, cando os seus promotores decidiron recuperar as antigas plantacións e comprar viñas aos viticultores da contorna, creando dese xeito unha das maiores fincas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Na actualidade conta con 21 hectáreas de cepas situadas en ladeiras de lousa cun desnivel do ata o 50%. Producen 70.000 botellas utilizando sempre uvas de produción propia e plantando novas cepas para incrementar a súa capacidade.

Galicia Calidade certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima e o seu proceso de produción, cumpran os requisitos establecidos polo selo de garantía.

ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...