HomesociedadeIntervencións turísticas do concello de Quiroga en Vilañán e Novaes

Intervencións turísticas do concello de Quiroga en Vilañán e Novaes

Co acondicionamento da pista do despegue de parapente, do miradoiro de Vilañán e da rúa en Novaes son máis de 120.000 € os que inviste o Concello de Quiroga de cara ao turismo do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Dúas importantes intervencións dende o punto de vista turístico”, así cualificou o rexedor local, Julio Álvarez, ás obras aprobadas na reunión da Xunta de Goberno. A primeira delas, que comezará de maneira inmediata, levarase a cabo na zona de Vilañán, a outra, que tardará un pouco máis en empezar, será no núcleo dos Novaes.

En Vilañán vaise arranxar a pista de acceso ao despegue de parapente e a zona de despegue, recoñecida polos aficionados a este deporte como das mellores polas súas térmicas. A Axencia de Turismo de Galicia aportará 36.000 € para as intervencións que consistirán en traballos de motoniveladora, realización de cunetas e pasos de auga e na colocación de grava compactada na pista que une Vilañán co despegue de parapente e co miradoiro. Na zona de despegue realizaranse labores de roza, fresado e semente de especies herbáceas nunha zona duns 400 m 2..

Ademais desta obra, estase a espera de que se comunique o inicio do arranxo do Miradoiro de Vilañán, que conta cunha achega de 15.000 € tamén da Axencia de Turismo de Galicia. A intervención no miradoiro complementará o traballo iniciado polos veciños deste núcleo.

En canto aos Novaes. Daráselle un tratamento rústico adoquinado ao tramo do Camiño de Inverno que atravesa este núcleo. O plan HURBE da Dirección Xeral de Urbanismo aportará 70.000 € para mellorar esta rúa.

O Camiño de Inverno ao seu paso por Quiroga está acollendo importantes melloras dende o pasado ano por parte da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, que  inviste máis de 200.000 € na mellora da sinalización e no acondicionamento dos treitos que se atopaban en mal estado. Pero estas melloras non inclúen ao camiño dentro dos núcleos de poboación polo que este investimento forma parte dun convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

        

ÚLTIMAS

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a...

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas...

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...