HomesociedadeArias destaca o valor engadido que achega o viño para dinamizar o...

Arias destaca o valor engadido que achega o viño para dinamizar o turismo na Ribeira Sacra

O delegado territorial de Lugo apuntou que as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños impulsadas pola Xunta promocionan un recurso cuxa demanda está en auxe. A Ruta do Viño da Ribeira Sacra acolle esta fin de semana a décima edición desta iniciativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No transcurso dunha visita á adega Abadía da Cova (O Saviñao) no marco das 10ª Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, Arias apuntou que “a viticultura e o viño son inseparabales doutros sinais de identidade desta zona como a paisaxe e o patrimonio, polo que é un acerto aproveitar en conxunto esas fortalezas para seguir consolidando este territorio como un destino único que ofrece infinitas posibilidades”.

Arias puxo en valor o apoio da Xunta con iniciativas como as xornadas de portas abertas que chegan este outono á súa décima edición ou os traballos de sinalización da Ruta do Viño desta denominación de orixe, que están actualmente en execución cun investimento próximo aos 140.000 euros.

Tamén destacou que iniciativas de promoción como a que se desenvolve esta fin de semana na Ribeira Sacra supoñen a posta en valor dun recurso cuxa demanda está en auxe e que pode complementarse con outras propostas para atraer a máis públicos, como os Outonos Gastronómicos, que promove a Xunta ata finais de ano para estimular a demanda de aloxamento e restauración nas casas rurais.

As Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños celébrase co lema Volvemos a brindar. No marco desta iniciativa, a Ribeira Sacra acolle nesta fin de semana visitas guiadas e de balde ás 11 adegas participantes na promoción. Ofértanse actividades e itinerarios variados con paradas en lugares de interese como o EcoMuseo de Arxeriz, o Centro Oleiro Rectoral de Gundivós (Sober), o mosteiro das Bernardas (Pantón) o Museo do Viño da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), unha visita teatralizada ao Pazo de Tor (Monforte) e a outros espazos de referencia como os miradoiros.

Outras propostas son a Ruta do Románico en Sober, Ruta entre Oliveiras da Ribeira Sacra, Ruta entre Sendeiros do Cabo do Mundo, visita ao museo etnográfico de Quiroga, catas, degustacións, paseos en lancha e un percorrido en segway con monitor entre Doade e o Mirador Souto Chao. Ofértase o servizo de transporte no Bus do Viño cun guía turístico especializado para os participantes que queiran facer as visitas ás adegas, museos e outros lugares de interese.

Ruta do Viño Portas Abertas / Delegación territorial

ÚLTIMAS

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...