IniciosociedadeO Bar do Club Fluvial de Monforte ‘va a ser la caña’

O Bar do Club Fluvial de Monforte ‘va a ser la caña’

Pasada a tempada de verán, o establecemento monfortino comeza unha nova etapa na que centrará oferta gastronómica e de lecer nas fins de semana. Falamos con Eduardo Guerra, responsable do establecemento “Hoy va a ser la caña”, o coñecido Bar Club Fluvial, que nos avanza a organización de ceas-concertos tan atractivos como os de Malenne e Gin Toni’s.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Eduardo Guerra, novo xerente do coñecido Bar do Club Fluvial, cóntanos que finalizada a tempada de verán agora o importante é aproveitar o potencial das instalacións de cara á clientela de fin de semana, clientela que pode aproveitar se quere as posibilidades do local para organizar comidas en grupo. E algo moi importante, remarca Eduardo, o local está aberto a todo o mundo, sexan ou non socios do Club Fluvial.

Entrada ao Club Fluvial de Monforte / XdL

O novo horario de apertura será de venres a domingo de 12:00 h. á 01.00 h. da madrugada, agás os días de concerto que se pode alongar algo máis a hora de peche. No que respecta á oferta gastronómica haberá menús económicos, carta e con posibilidade de que a xente encargue o que lle apeteza baixo reserva previa. E sen esquecernos tamén da posibilidade de degustar saborosas hamburguesas, ensaladas, bocadillos, racións e pizzas. Baixo reserva e recollendo no establecemento tamén se poderá encargar para levar.

ACTUACIÓNS EN DIRECTO

Ademais do compromiso na cociña para que a oferta gastronómica satisfaga á clientela, o novo xerente do Bar do Club Fluvial infórmanos que haberá unha programación estable e continuada de actuacións en directo.

As ceas dos sábados, e excepcionalmente algún venres, estarán acompañadas de atractivos concertos de grupos locais e foráneos de recoñecida calidade para que as sobremesas completen unha gran velada de diversión e desconexión de fin de semana.

Eduardo Guerra no interior do establecemento,
co novo nome comercial de “Hoy va a ser la caña” / XdL

Para quentar motores Eduardo anticípanos os concertos da segunda quincena de outubro: o venres 22 actuará o grupo monfortino Malenne, mentres que o grupo pop de moda en Galicia, Os Gin Toni’s, estarán o sábado 30. E para anotar xa na axenda, o 6 de novembro estarán Os Parentes.

EVENTOS PRIVADOS

Outra das ofertas complementarias que presenta a nova xerencia é a posibilidade de organizar eventos privados nas súas instalacións baixo reserva previa. O local poderá reservarse tamén entre semana para a realización de calquera evento familiar, de empresa ou asociación.

Este tipo de celebración pode incluír dende un cumpreanos, ata unha presentación, homenaxe ou despedida; e a xerencia ofrecerá, baixo demanda, calquera actuación que poda servir para amenizar o acto: actuación musical, presentador, animador musical, humorista, mago… O bar do Club Fluvial “va a ser la caña”, insiste Eduardo Guerra.

Mesas exteriores onde o Bar Club Fluvial / XdL

Para reservas e información o teléfono de contacto é o 604 080 686

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...