Homesociedade21 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego "Arquivo Dixital-TICs" de Monforte

21 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego “Arquivo Dixital-TICs” de Monforte

Iniciaranse os traballos coa xestión documental do Arquivo Municipal, así como outra documentación local, fotográfica e bibliográfica sobre temas referidos á cultura e á historia monfortinas. As tarefas a desenvolver incluirán a captura dos documentos orixinais, a súa edición e implementación de metadatos coa finalidade de cargar estes arquivos no repositorio documental do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro, que conta cun orzamento próximo ó medio millón de euros, está promovido polo Concello de Monforte e subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e a propia administración municipal. A Consellería aporta uns 370.000 euros, mentres que a inversión do Concello será de máis de 100.000 euros.

O novo Obradoiro de se desenvolverá nas instalacións da escola taller da Pinguela leva por título “Obradoiro de Emprego Arquivo Dixital-TIC’s”. Formaranse nel 20 alumnos e alumnas cuxo obxectivo “será dixitalizar, informatizar e automatizar o patrimonio documental de carácter histórico do Concello de Monforte de Lemos, fomentando e dando a coñecer o arquivo histórico deste Concello, mediante a aplicación das TIC`s e impulsando a administración electrónica” indicou o Alcalde.

O rexedor municipal apuntou que “con este obradoiro de emprego creamos 24 postos de traballo durante 9 meses; o grupo estará formado por 20 alumnos e alumnas, 2 docentes, un director e unha administrativa”. Ofrécese formación teórica-práctica na especialidade de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e aqueles que finalicen con éxito a formación obterán o certificado de profesionalidade nesta especialidade.

“Unha vez rematado o obradoiro”, destacou o Alcalde, “alomenos 2 alumnos van ter a posibilidade de formalizar contratos de traballo en prácticas, a xornada completa e durante de 3 meses en empresas de Monforte. Para elo, estas empresas contarán cun incentivo á contratación de 1.500 € por empresa, para favorecer a inserción laboral dos participantes nestes programas no mercado de traballo”.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...