HomesociedadeMarquesiñas de madeira en catro paradas do bus escolar do Saviñao

Marquesiñas de madeira en catro paradas do bus escolar do Saviñao

Colocáronse no lugar de Páxera, en Villalarides, en Cazón e en Santalla para dotar aos nenos e nenas dun lugar resgardado para agardar o autobús escolar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta iniciativa forma parte do plan municipal de humanización e renovación de mobiliario urbano que o Concello do Saviñao está realizando polas distintas parroquias do termo municipal.

O alcalde explica que “a colocación de marquesiñas é a primeira parte do plan que continuará a semana que vén coa instalación de cinco bancos no Camiño de Inverno” acompañados da correspondente sinalización dirixida aos peregrinos”.

Así mesmo, o Concello colocará antes de final de mes cubrecontedores nas zonas de influencia turística. Levaranse estas infraestruturas a aquelas zonas que contan con restaurantes e casas de turismo rural, etc.

O goberno local continúa, deste xeito, a desenvolver proxectos de dotación e mellora de infraestruturas públicas para o uso cotián dos veciños, tal e como se comprometera.                                              

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...