HomesociedadeO Hospital de Monforte segue perdendo especialistas, agora unha psiquiatra

O Hospital de Monforte segue perdendo especialistas, agora unha psiquiatra

A sección sindical de CIG-Saúde no Hospital Comarcal de Monforte denuncia a marcha doutro especialista, unha das psiquiatras. A perda desta profesional causa un perxuizo importante aos pacientes, "xa que neste momento hai máis de 400 persoas sen citar por este motivo," asegura o sindicato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No hospital monfortino faltan especialistas de cardioloxía, neuroloxía, medicina dixestiva e agora súmase a falta dunha psiquiatra. A falta dun “profesional fixo” para as primeiras especialidades fai que a día de hoxe no hospital non ingresen pacientes de cardioloxía nin de neuroloxía “e sexan derivados a Lugo co que iso supón para as familias,” afirman desde a CIG Saúde depois de tempo denunciando esa perda de profesionais nalgunhas especialidades.

Ao anterior engaden que chega un radiólogo de traslado que provocará o cese dun interino. A proposta da CIG é que non cese este radiólogo e se contrate polas tardes para sacar adiante a lista de espera dos TAC, que está nun ano para citas normais e en tres meses para vías rápidas, “cando o normal é resolver estes casos nunha semana, pero a resposta da dirección foi negativa para non variar”.

A este respecto lembran que a directora do hospital se compormetera, na súa chegada, a pedir aumento de persoal, “Hai tres semanas que dende a CIG lle solicitamos que nos dera unha lista do persoal solicitado e aínda estamos á espera”; polo que lle piden que “consiga especialistas para o hospital, non deixe marchar a máis e solicite o aumento de plantilla que tanto necesita este hospital”.

Aproveita o sindicato para referirse á recente visita do Conselleiro de Sanidade e aplauden que se fagan habitacións individuais, pero sen diminuír o número de camas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...