HomesociedadeA administración "pasándose a bola" mentres no CEIP Xoán de Requeixo séguese...

A administración “pasándose a bola” mentres no CEIP Xoán de Requeixo séguese demandando xornada continuada

En xaneiro do vindeiro ano moitos pais e nais afectadas esperan que se aprobe no centro a iniciativa da xornada continuada, "quero entender que vai pasar o claustro, o consello escolar e o informe de mobilidade. Non ten sentido que se opoñan," considera a representante de nais e pais no Consello Escolar, Diana Iglesias.

Publicado o

- Advertisement -

O CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo no curso académico 2020-2021 solicitou que se lle concedera a autorización excepcional por Covid-19 para facer xornada continuada. Autorización que veu concedida pola Xefatura territorial de Lugo.

Para o curso 21-22 a maioría das nais e pais contaban seguir igual que o curso anterior porque o protocolo é moi similar, pero o alumnado comezou coa xornada partida e as problemáticas correspondentes para que centro, alumnado e pais poidan cumprir os protolos da pandemia.

A representante de nais e pais no Consello Escolar deste centro, Diana Iglesias, lembra que en xuño deste ano fixo unha sondaxe entre as familias para coñecer as preferencias de horario e así poder volver solicitar a xornada continuada excepcional por mor da Covid-19. A sondaxe feita con nome, apelidos e firma deu unha ampla maioría á xornada continuada, cun 62% das familias a favor, un 12% en contra e un 25% abstívose.

Con eses resultados e as dificultades para cumprir os protocolos sanitarios no comedor e no recreo, solicitóuselles ao inspector do colexio e á xefa territorial de Lugo, que se concedera o horario continuado excepcional. Entre outras limitacións, a representante dos pais e nais asegura que teñen 10 colaboradores de comedor para 18 grupos e que o centro non conta con zonas cubertas para que o alumnado poida respectar as distancias nin os grupos nos días de climatoloxía complicada.

Diana Iglesias afirma que insistiu na necedidade de tomar medidas e poñer xornada continuada, tanto coa xefa territorial como coa Consellería de Educación e que telefónicamente ambas as partes “pasáronse a bola” afirmando que a competencia era da outra parte.

“Dende xullo alguén volveu mirar polo protocolo que teñen que seguir cativos e cativas dende os 3 anos?”

Nesta situación as persoas afectadas xa están vendo como seus fillos teñen que “permanecer no centro obrigados 2 horas máis sen que o centro poida garantir que se cumpre o protocolo que Educación establece.” No curso pasado a xornada continuada permitía recoller aos rapaces antes de xantar e o comedor escolar reducía a a afluencia á metade.

Xoán de Requeixo / cedida

Para poder cumprir co protocolo na maior medida posible, a dirección do centro pediu catro coidadores do comedor e acaban de concedérselle. Pero unha ampla porcentaxe de pais e nais segue demandando que se escoite a súa reclamación de xornada continuada, “sinceramente pensei en reivindicarnos sacándonos a máscara a partir das 14.30, pero a responsabilidade caería no colexio e non son culpables. Ademais non podes non mandalos despois desa hora porque é absentismo, e facer unha mobilización tampouco o vexo,… Que podo facer eu?,” pensa Diana Iglesias.

“Dende xullo alguén volveu mirar polo protocolo que teñen que seguir cativos e cativas dende os 3 anos?. Parece que a vida mellora para todos salvo para os cativos que son os grandes guerreiros abandonados. Paréceme que é fundamental xa que eles foron os que mellor cumpriron as normas,” conclúe Diana Iglesias.

ÚLTIMAS

Xornada final do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves 29 de maio, ás 19:30 h., terá lugar a terceira e última...

‘Dende Rosalía ata as Cantareiras’, o 30 de maio na casa da cultura de Quiroga

A proposta da compañía A Xanela do Maxín está destinada especialmente a público famliar...

Case un cento de persoas alzan a voz nos Peares en defensa do pobo palestino

A acción consistiu no despregamento de bandeiras palestinas con algunhas galegas na “ponte vella”,...

O BNG de Monforte defende a continuidade do Bar Anchoas

Os nacionalistas piden que goberno municipal actúe, que se inicie o procedemento necesario para...