HomesociedadeComezan as andainas pola ruta de sendeirismo da Ribeira Sacra do Miño

Comezan as andainas pola ruta de sendeirismo da Ribeira Sacra do Miño

A Asociación Veciñal do Saviñao retoma este sábado as andainas por esta ruta aberta e conservada pola propia asociación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois dun ano de ausencia nas saídas sendeiristas pola pandemia da Covid, a asociación organiza o recorrido desta ruta de máis de 36 quilómetros repartidos en catro xornadas nas mañáns dos sábados.

A primeira etapa será dende Segade (Pantón) ata Marce, a segunda entre Marce e O Priorato da Cova, a terceira entre A Cova e Belesar e a última entre Belesar e Stº. Estevo de Ribas de Miño.

A saída será ás 9:15 da mañá e regreso en torno as 2 da tarde. É imprescindible apuntarse antes do venres para organizar o transporte e pode facerse a través do facebook da asociación ou do seu correo electrónico ( asociacionvecinaldosavinao@gmail.com ) ou dos teléfonos 982 452013 e 677726325. 

ÚLTIMAS

IGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e da N-120 e reclama modificar a licitación actual

Interior Galego Vivo asegura que a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e...

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...