HomesociedadeMalenne, ‘Indie monfortino’ no Club Fluvial da cidade do Cabe

Malenne, ‘Indie monfortino’ no Club Fluvial da cidade do Cabe

A formación musical ofrecerá un concerto no Bar do Club Fluvial este venres 22 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xa anunciou este medio, a nova xerencia do Bar Club Fluvial, empeza este mes unha nova xeira coa intención de dinamizar as fins de semana con interesantes propostas gastronómicas acompañadas de boa música.

Este venres 22 de outubro anúnciase a presenza do grupo indie Malenne, que ofrecerá un concerto ás 23:00 h. A entrada é de balde e poden acceder socios/as e non socios/as.

No que respecta á cea previa, esta será ás 21:45 h. e cun menú pechado por tan só 20 euros composto por langostinos á prancha, costela de porco ibérico, ensalada completa, viño e sobremesas.

Eduardo Guerra, xerente do Bar do Club Fluvial / XdL

MALENNE

Esta banda monfortina formouse no ano 2020 e caracterízase por facer versións Indie e Pop. No seu repertorio interpretan temas de formacións musicais, como por exemplo: Ízal, Vetusta Morla, Supersubmarina, Miss Cafeína, Iván Ferreiro, Los Piratas, Second, Taburete, Fito ou M-Clan.

Os seus compoñentes son: Adrián Castañer, o vocalista; Anxo López e Adrián Cortiñas, guitarras; Berto López, baixo; Manolo Canario, batería; e Nelson Leite, teclado.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...