HomesociedadeXantar adica o 3 de novembro ao concello de Sober

Xantar adica o 3 de novembro ao concello de Sober

O Concello de Sober contará un ano máis cun stand propio na Feira ‘Xantar, 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico’, que se celebrará do 3 ao 7 de novembro en Expourense, na cidade das Burgas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local segue fiel a esta cita que utiliza para darse a coñecer ante miles de visitantes como un “destino próximo, completo e único.”

O día 3 de novembro será o día dedicado a Sober e haberá unha degustación de viño de Amandi e rosca de Sober con queixos das diferentes D.O. protexidas de Galicia.

O Concello de Sober aproveitará o stand para promocionar os seus principais atractivos turísticos, entre os que destaca o seu emprazamento na Ribeira Sacra o que lle outorga incribles paisaxes; os seus miradoiros, os viños de Amandi, que pertencen á D.O. Ribeira Sacra e outros atractivos, como a olería de Gundivós, o románico rural a oferta en aloxamentos rurais e locais de hostalería e restauración.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...