IniciosociedadeA Asociación Boca do Monte de Quiroga organiza un magosto e unha...

A Asociación Boca do Monte de Quiroga organiza un magosto e unha andaina

O sábado 30 e o domingo 31 esta entidade dos Anguieiros, na parroquia de Montefurado, organiza a súa 'V Xornada Castañeira'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estamos xa de cheo na tempada de magostos e camiñadas outonais, e na parroquia de Montefurado, concretamente nos Anguieiros, non queren ser menos.

Para esta ponte de Santos, a entidade dinamizadora Asociación Sociocultural Boca do Monte organiza a ‘V Xornada Castañeira’, un evento anual no que presentan un variado programa de actividades arredor da castaña e no que buscan tamén a socialización da veciñanza da aldea dos Anguieiros e doutras da contorna.

PROGRAMA PARA ESTE ANO

Na edición deste ano anuncian un obradoiro de cabazas de Samaín ás 18:00 h. e un magosto popular a partir das 20.30 h. amenizado polo grupo de música tradicional de Quiroga O Recanto. Haberá un petisco, viño, castañas asadas, sobremesas de tempada e licores.

O Recanto actuando na Mostra do Aceite de Quiroga 2021 / XMF

E xa para o domingo, ás 10:00 h. está programada unha camiñada outonal na contorna da Boca do Monte con saída e chegada no Portaleiro, praza de entrada dos Anguieiros. Esta andaina permite atravesar antigos soutos de castiñeiros dos Anguieiros descorrendo por un sendeiro que comunicaba esta aldea coa veciña de Vilanuide, atravesando incluso un pequeno arroio que baixa de Sexmil, poboación da parroquia da enciñeira.

Outro dos atractivos deste roteiro é que circunda a antiga canle do río Sil, polo meandro que facía antes antes de atravesar a Boca do Monte –Túnel de Montefurado–. Unha canle do Sil que en invernos de moita auga aínda recupera o seu antigo camiño.

Antigo meandro do Río Sil e no fondo o núcleo dos Angueiros. Foto: Asoc. Boca do Monte

A camiñada levará a ver tamén, como non, a Boca do Monte antes de emprender a subida aos Anguieiros para rematar o seu percorrido circular, calculando a chegada sobre as 13:00 h.

Este roteiro de sendeirismo está recomendado polo propio Concello de Quiroga en Wikiloc.

A Boca do Monte ou Túnel de Montefurado. Foto: Marga Méndez

ÚLTIMAS

O alcalde de Monforte recibe ó novo inspector xefe da Policía Nacional

O encontro foi unha primeira toma de contacto e serviu para facer un repaso...

Raquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira Sacra

A deputada popular, Raquel Arias, indica que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2...

O comercio de Sarria entrega os vales de San Valentín

Os establecementos asociados sortearon, para esta campaña, catro ceas para dúas persoas polas compras...

O Colado do Vento, de Sober, organiza un obradoiro para concienciar sobre a nosa etnografía

O proxecto de 'Galicia latente' ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e...