HomesociedadePiensos Senra, unha solución para cada estación

Piensos Senra, unha solución para cada estación

O coñecido almacén monfortino presenta estes meses produtos de outono-inverno para satisfacer as necesidades da época da súa clientela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Piensos Senra é un establecemento comercial que se caracteriza por dar solucións a necesidades relacionadas coa horta e a xardinería (árbores, sementes, abonos e fertilizantes, fitosanitarios, insecticidas), o fogar (carbón, produtos de limpeza, matanza, aceite, patacas, viño…), as mascotas e a granxa (alimentación, antiparásitos, hixiene e accesorios).

Nesta época, apurando o outono e camiño xa do inverno, está a ofrecer produtos que cubren necesidades propias destas estacións. Así, nos seus almacéns de Ferreira de Pantón, Escairón, Sober e Monforte, pódense atopar solucións para combater o frío con garantías, para organizar encontros gastronómicos ou para gozar de froita de tempada.

Almacén de Piensos Senra / XdL

No apartado de fogar ofrecen agora pellets, carbón para estufas e chimeneas, carbón vexetal para churrascos e magostos; e tamén desfeluxadores, limpadores de estufas, pastillas de acendido… E para grandes pedidos, tamén se poden vender por palets, explican dende a xerencia.

No apartado de froitas de tempada, María José, xerente de Piensos Senra, explica que “xa nos chegaron as laranxas e mazas naturais cento por cento, directas da horta aos nosos almacéns”.

No relativo ás compras, estas poden recollerse directamente nos establecementos, encargar para entrega a domicilio ou pedirse na tenda online.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...