Homesociedade"...porque Galicia segue a ter cultura e lingua de seu"

“…porque Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”

Unha placa no cemiterio de San Miguel de Paradela coa lenda "Na memoria de todas as persoas que xacen aquí, porque Galicia segue a ter cultura e lingua de seu", promovida polo Concello de Paradela e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de celebración as autoridades visitaron o Panteón de Paradelenses Ilustres, único en Galicia destas características, onde foi enterrado o escritor, Manuel Rodríguez López, Fillo Predilecto de Paradela, a quen se lembra neste lugar cunha placa en galego; así como o nicho no que fican os restos do canteiro, Manuel López López O Lagoa, que el mesmo construíu e que tamén está rotulado en galego.

O delegado territorial, Javier Arias salientou que esta data “serve para visibilizar os cemiterios como un espazo máis de transmisión da lingua propia e maioritaria de Galicia e para honrar a memoria de todos aqueles que nola legaron”. Engadiu que “se o galego é a lingua que nos identifica en todos os contextos, é natural que sexa tamén a que nos represente cando xa non estamos”.

Esta conmemoración dálle continuidade á do ano 2019, que se realizou no cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, tamén en Paradela, o único de Galicia que ten todas as súas lápidas en galego.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...