HomeTerra de LemosMonforteAs obras de mellora no tramo Monforte-Lugo interromperán o servizo ferroviario o...

As obras de mellora no tramo Monforte-Lugo interromperán o servizo ferroviario o 20 e 21 de novembro

Adif acometerá eses días actuacións na infraestrutura.

Publicado o

- Advertisement -

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido os días 20 e 21 de novembro debido ás obras de mellora emprendidas por Adif neste corredor. Por iso, Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados.

Así o informou nun comunicado Adif, no que explica que acometerá durante eses días actuacións en infraestrutura, como obras de drenaxe; pasos superiores; noiros de trincheiras e túneles, e vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, de 75 quilómetros de lonxitude.

O corte comezará ás 22,30 horas do venres 19 de novembro e concluirá na madrugada do luns 22, polo que afectará, matiza Adif, “aos servizos ferroviarios de viaxeiros do sábado 20 e domingo 21 de novembro”.

As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, asegura Adif, “teñen como obxectivo cumprir os compromisos coa mellora das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe”.

Entre as principais actuacións previstas, que levan diversos cortes ao tráfico puntuais, engade, inclúense a adaptación da infraestrutura ás novas condicións de explotación, o cambio de electrificación de 3 kV a 25 kV no tramo Ourense-Monforte de Lemos e a electrificación a 25 kV do Monforte de Lemos-Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...