HomesociedadeO Saviñao e Quiroga acollen catas de iniciación de viños da Ribeira...

O Saviñao e Quiroga acollen catas de iniciación de viños da Ribeira Sacra

A AGACAL organiza dúas novas catas de iniciación de viños da Ribeira Sacra nos concellos do Saviñao e de Quiroga. As accións formativas están previstas o mércores 10 de novembro no auditorio municipal do Saviñao e, ao día seguinte, no Museo Etnográfico de Quiroga. En ambos casos celebraranse en xornada de tarde, en horario de 17,30 a 21,30 horas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo principal deste curso é proporcionar coñecementos básicos de enoloxía e viticultura aos asistentes, ademais de ensinarlles as habilidades básicas da cata de viños para que saiban distinguir os atributos positivos dos negativos e ter un vocabulario acorde a este tipo de prácticas.

Así, o programa recolle unha parte teórica centrada nas peculiaridades das subzonas da Ribeira Sacra, pasando polas distintas tipoloxías de viño, a súa maduración e mesmo o seu etiquetado. Seguidamente, combinarase unha parte práctico-teórica sobre as distintas fases que compoñen unha cata, centradas nas parte visual, olfativa e gustativa

Nesta páxina pódense descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 881 997 279.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...