HomesociedadeFormación sobre sanidade apícola a vindeira semana en Monforte

Formación sobre sanidade apícola a vindeira semana en Monforte

A AGACAL celebra os días 15 e 18 de novembro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos unha formación sobre sanidade apícola centrada no control integrado da varroase. O horario será de 16,00 a 20,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste curso é que os apicultores saiban como manter as súas colmeas nun axeitado estado sanitario para aumentar a produción e evitar a transmisión de enfermidades como a varroase. Nesa liña, abordaranse os distintos problemas sanitarios que poden afectar as abellas e os tratamentos dispoñibles tanto na apicultura convencional como na ecolóxica, mesmo con prácticas en laboratorio.   

Estas accións están dirixidas a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico ceca.monforte@edu.xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 982 889 106.

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...