HomesociedadeRematadas as melloras nas estradas que comunican O Saviñao con Monforte e...

Rematadas as melloras nas estradas que comunican O Saviñao con Monforte e Chantada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar os traballos de estendido do novo firme en dúas estradas que vertebran as comunicacións internas no sur da provincia, a vía de altas prestacións CG 2.1 e a LU-533.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno galego investiu 2 millóns de euros nestas estradas, que conectan O Saviñao con Monforte de Lemos e con Chantada. Así, a Consellería actuou na CG 2.1 (Monforte- Alto do Faro) nos 12 primeiros quilómetros, ata Escairón; realizáronse  fresados puntuais e renovouse a capa de rodadura en toda a lonxitude da estrada.

Tamén se mellorou a estrada autonómica LU-533, que une Chantada e Escairón, reforzando o firme nas zonas que presentaban deterioro ao longo dos 10 quilómetros que separan os núcleos urbanos de ambas localidades.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, confirmou que só faltan tarefas de repintado nalgúns puntos que se concluirán esta semana. Tamén destacou os recursos que destina a Xunta a “manter a rede de estradas autonómica nas mellores condicións de seguridade e confortabilidade para os usuarios”. Neste sentido, lembrou que este ano investíronse 4,6 millóns de euros na provincia de Lugo a través do Plan de reforzo de firmes

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...