HomesociedadeTerceira etapa da ruta Ribeira Sacra do Miño este sábado

Terceira etapa da ruta Ribeira Sacra do Miño este sábado

A actividade organizada pola Asociación de Veciños do Saviñao terá a saída ás 9.15 da Praza Maior de Escairón o día 13.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 13 de novembro, faráse a andaina dende O Priorato da Cova ata a aldea de Bexán, úns 11 quilómetros. Nesta etapa pasarase por Adegas Moure, baixada ata as proximidades da praia da Cova, subida a Mourelos e visita ó miradoiro natural do castro de Mourelos. Posteriormente introdúcese no souto de Mourelos e ó saír deste ábrese á ribeira coa imaxe de Belesar ó fondo. Remata no lugar, case que abandoado, de Bexán onde hai unha mostra fotográfica nas paredes das casas en ruínas coas imaxes dos veciños que as habitaron.

A saída será ás 9:15 da mañá dende a praza Maior de Escairón e regreso en torno as 2 da tarde. É imprescindible apuntarse antes do venres para organizar o transporte e pode facerse a través do facebook da asociación ou do seu correo electrónico (asociacionvecinaldosavinao@gmail.com) ou dos teléfonos 982 452013 e 677726325.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...