HomesociedadeO TSXG dalle a razón ao concello de Monforte para a utilización...

O TSXG dalle a razón ao concello de Monforte para a utilización da marca “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra interpuxera recurso contra a resolución da Oficina Española de Patentes e Marcas, que concedera ó Concello monfortino o rexistro e uso da marca “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No seu fallo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso contencioso administrativo interposto polo CRDO Ribeira Sacra e obrígalle ó pago das costas procesais (1.500€) e ademais, contra esta sentencia so se poderá interpoñer recurso de casación.

O TSXG, nunha sentencia similar, tamén lle deu a razón ó Concello de Monforte ante o CRDO Ribeira Sacra, sobre a marca Festival do Viño de Monforte-Viños da Ribeira Sacra, marca sobre a que tamén interpuxera recurso o Consello Regulador, logo de que  Oficina Española de Patentes e Marcas resolvera favorablemente a prol do Concello monfortino. Tamén nesta sentencia do 29 de outubro, o TSXG tamén obriga ó CRDO Ribeira Sacra a pagar as costas procesais (1.500€) e so cabe recurso de casación.

O Alcalde amosou a súa satisfacción por estas dúas resolucións favorables, “o que nos permitirá seguir celebrando con totais garantías, e co seu nome e marca oficiais, o que é un dos certames máis importantes dos que se organizan arredor do viño da Ribeira Sacra, o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte,  e que si as circunstancias sanitarias nolo permiten, poderemos volver a organizalo para o vindeiro verán”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...