HomesociedadeComeza a campaña Merca no comercio local, merca na provincia de Lugo

Comeza a campaña Merca no comercio local, merca na provincia de Lugo

Este luns, 15 de novembro, comeza a nova campaña Merca no comercio local, merca na provincia de Lugo financiada grazas á achega que fai a Deputación de Lugo á Federación de Comercio de Lugo co obxectivo incentivar as vendas no comercio de proximidade da provincia na recta final do ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación achega 50.000€ a través dun convenio de colaboración coa Federación de Comercio de Lugo para sacar adiante esta iniciativa que ten como finalidade poñer en valor “a calidade do noso comercio local, a calidade e a atención que ofrecen as tendas dos nosos barrios e das nosas vilas, destacar o seu peso fundamental na economía e no emprego, e incentivar as vendas nesta recta final do ano da volta á normalidade”, subliña o Presidente provincial, José Tomé Roca.

Con esta campaña prémiase con descontos aos clientes que confían no comercio local facendo as súas compras neste tipo de establecementos e, ao mesmo tempo, búscase incentivar as compras nas tendas físicas, especialmente agora nos meses de novembro e decembro cando o comercio de sempre se ve máis afectado por campañas en internet e polas das grandes superficies.

Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo desenvolverase dende este luns, 15 de novembro, ata o último día de decembro. Consistirá no sorteo de bonos de consumo de 30 euros cada un para gastar nos 5.500 establecementos comerciais minoristas da provincia de Lugo. Os consumidores participan nos sorteos ao realizar as súas compras feitas no comercio local por un importe mínimo de 10 euros. Celebraranse sorteos semanais para repartir un total de 1.000 bonos para investir nos negocios da provincia.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...