HomesociedadeNovos perfís no grupo de traballo da candidatura da Ribeira Sacra a...

Novos perfís no grupo de traballo da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A Xunta de Galicia amplía o grupo de traballo da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial para incorporar novos perfís que axuden a buscar novos e complementarios argumentos e xustificacións co fin de conseguir o máximo recoñecemento da Unesco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os novos membros que traballarán na reformulación da candidatura son Isabel Aguirre, directora da Escola Galega de Paisaxe da Fundación Juana de Vega; Felipe Criado, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC; Lorenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, e Rubén Lois, catedrático de Análise Xeográfica Rexional da Universidade de Santiago de Compostela.

A súa incorporacións, tal e como salientou o responsable de Cultura da Xunta, supón “un paso imprescindible na vía de diálogo con Icomos, órgano asesor da Unesco”. “A creación do novo grupo de traballo permite sumar a algúns dos mellores expertos patrimoniais de Galicia e marca un punto de inflexión na candidatura porque permitirá revisar o expediente e seguir avanzando co máximo rigor e calidade para conseguir que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial”, declarou.

Ademais de ampliar o equipo técnico, tal e como lembrou Román Rodríguez, o Goberno galego tamén vai intensificar o contacto coas administracións implicadas así como cos propios veciños. “Seguimos crendo no gran valor deste territorio e o noso propósito é inaugurar e ampliar un novo proceso de diálogo que permita intensificar a nosa estratexia e dar un novo impulso á candidatura da Ribeira Sacra”, precisou.

Reunión do grupo de traballo R.S. / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...