HomesociedadeCortada por obras no que queda de novembro a estrada provincial entre...

Cortada por obras no que queda de novembro a estrada provincial entre Pedrafita e Seoane do Courel

A estrada provincial que une Pedrafita do Cebreiro e Seoane do Courel polo Alto do Hospital, a LU-P-1301, quedará cortada ao tráfico dende este mércores, 17 de novembro, debido á realización das obras de mellora que acomete a Deputación de Lugo cun investimento de 245.000€. A previsión é que este corte se prolongue ata final de mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación está mellorando o treito comprendido entre os quilómetros 10 e 12,6 cuns traballos que inclúen a ampliación da estrada dende os 4,7 ata os 6 metros, a pavimentación con aglomerado en quente e as actuacións de drenaxe e sinalización correspondentes.

O corte efectúase dende o quilómetro 0,6 ata o 12,6 co obxectivo de que os traballos se poidan desenvolver con seguridade tanto para os operarios como para a veciñanza que transita pola vía. Haberá desvíos habilitados para causar o menor prexuízo no tráfico. A previsión é que estas obras rematen a final de mes.

A Deputación de Lugo licitou por 370.000€ as obras de ensanche e mellora dun novo treito desta estrada provincial, o comprendido entre os puntos quilométricos 8,6 e 10. A previsión é que a principios do 2022 saque a contratación o terceiro e último, polo que o vindeiro ano estará renovada e ampliada a totalidade desta estrada na que a Deputación terá investido preto dun millón de euros.

ÚLTIMAS

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...