HomesociedadeMonforte destina 50.000 € ao alumeado de Nadal, "o maior investimento da...

Monforte destina 50.000 € ao alumeado de Nadal, “o maior investimento da historia”

Superaranse as 50.000 luces, pasando de 32.000 a máis de 50.000, "para dinamizar o Nadal da nova normalidade”, asegura Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumeado será encendido o venres día 3 de decembro ás 6.30 da tarde, e apagarase o domingo día 9 de xaneiro, permanecendo en servizo 38 días. o concello fai este ano un investimento de 50.000 euros, duplicando case o investido o pasado ano.

”Isto suporá o maior investimento en alumeado de Nadal na historia de Monforte, cun incremento en relación co ano anterior, de 22.000 euros, o que representa un 78,5% de aumento”, subliñou o rexedor monfortino. “O impulso ó alumeado de Nadal, é un dos primeiros pasos para volver a esa nova normalidade que todos desexamos, aínda que sexa coa debida prudencia”.

Aumenta significativamente o número de arcos colocados, que serán 70 arcos máis de novo deseño, pasando de 162 en 2020 a 232 neste ano 2022. Mantense o mesmo número de rúas con arcos de Nadal, “porque consideramos que damos cobertura a toda a cidade, para que todos os veciños e veciñas de Monforte, sintan de cerca o espírito de Nadal, por ser posiblemente as festas máis familiares do ano”, indicou José Tomé.

Este Nadal colocarase na Praza de España, como novidade, unha árbore de Nadal a modo de cono de gran tamaño, “para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”.

Os arcos de Nadal serán de Led, de baixo consumo e maior visibilidade, dando resposta a un alumeado máis intenso que coas luces convencionais. Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubicarán nas entradas á cidade de Monforte.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...