Homesociedade"Enredando" para informar á mocidade sobre as condutas de control nas relacións

“Enredando” para informar á mocidade sobre as condutas de control nas relacións

A psicóloga clínica, Paula Sánchez, imparte obradoiros en 3º da ESO dos diferentes centros de ensino de Monforte con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra das Mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os obradoiros, titulados “Enredando”, teñen como obxectivo informar acerca dun manexo adecuado das redes sociais e as TIC por parte da mocidade, recoñecendo e analizando por parte do alumnado condutas de control nas relacións de parella e reflexionando sobre as consecuencias das condutas nocivas nas primeiras relacións ca finalidade última de promover relacións afectivas saudables e igualitarias.

Con apoio audiovisual e dun modo dinámico expóñense os contidos teóricos a través de exemplos fácilmente recoñecibles, reais e sinxelos para a mocidade.

Os obradoiros forman parte da programación da Concellaría de Muller e Igualdade de Monforte, a través do Centro de Información á Muller, para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Complétase esta conmenoración nos centros de ensino co obradoiro En liña coa igualdadedirixido ó alumnado de 6º de educación primaria. Trátase dunha actividade de traballo grupal na que analizarán o uso das redes sociais, a visión da adolescencia nas redes (a importancia da imaxe, a hipersexualización infantil en internet…) así como as consecuencias negativas que a mesma provoca nos nenos, nenas e adolescentes.

O obradoiro será impartido por, Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social con ampla formación e experiencia en igualdade, que traballará o que amosa a rapazada nas redes sociais e a rede de contactos que acceden a estes contidos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...