HomesociedadeRemátase a mellora de Roberto Baamonde en menos dunha semana

Remátase a mellora de Roberto Baamonde en menos dunha semana

O investimento para esta acción de mellora na rúa Roberto Baamonde superou os 74.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de mellora de Roberto Baamonde comezaban o 11 de novembro e remataron este mércores, 17 de novembro, co pintado das correspondentes sinais horizontais, polo que a finalización desta actuación de mellora nunha das vías máis importantes da cidade rematou antes do prazo previsto, que se estimaba en 14 días, e que finalmente fíxose en menos dunha semana.

O Alcalde destaca que “con este proxecto de mellora da rúa Roberto Baamonde garantimos unha vida útil da vía para varios anos, e acadamos unha sensible mellora para a seguridade do tráfico e dos viandantes. Por parte do Concello, imos seguir traballando para levar a cabo actuacións de melloras moi relevantes para as infraestruturas do Concello, tanto nas parroquias como na cidade.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...