HomesociedadeMonforte celebra o 25N coa realización de numerosas actividades

Monforte celebra o 25N coa realización de numerosas actividades

Este xoves tivo lugar a primeira sesión do Curso de Autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Dez mulleres participan desta actividade que se desenvolve no centro cívico e que rematará coa sesión do día 22 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste curso é dotar ás mulleres de ferramentas para a súa defensa persoal e auto capacidades para a prevención de situacións de violencia de xénero. Imparte a actividade persoal instrutor de Fegaloita, cualificado con experiencia en técnicas de intervención na violencia de xénero.

Ofrécese formación nun conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións. Non se quere ensinar a pelexar. O fin é poder escapar desas situacións ilesas ou co menor dano posible, para despois utilizar as vías legais de protección e denuncia. As técnicas impartidas teñen como obxectivo conseguir fuxir. Amosarase como utilizar  obxectos cotiás como as chaves, os móbiles, os bolsos….

Trátanse aspectos legais, psicolóxicos, estratéxicos, físicos e por suposto de prevención, xa que se entende que esta última é a que pode evitar nun momento determinado que chegue a producirse a agresión (recomendacións en portais, garaxes, vehículos, na rúa,…).

Monforte en Negro

Este curso forma parte da campaña Monforte en Negro, ideada dende o Concello, e que se desenvolve entre o 17 e o 30 de novembro. Desde este venres permanecerán colocadas pancartas conmemorativas no edificio do Concello, no Centro Cívico e na rúa Cardenal.

Ó igual que o ano pasado, levarase a cabo a proxección sobre a Torre da Homenaxe do lema da campaña, que terá lugar o propio día 25 de novembro dende as 6 e media da tarde e ata as 12 da noite, para concienciar a toda a cidadanía en contra das violencia. Instalarase un vinilo específico desta campaña no Bus Urbano do Concello, para aumentar así a visibilidade e a forza da mensaxe que se quere transmitir.

O resto de actividades que que se desenvolverán arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, son:

  • Mesa “Exprésate contra a violencia de xénero”, que estará ubicada na Casa do Concello, cun libro de sinaturas para todas aquelas persoas que o desexen poidan deixar escritas nel as súas mostras de repulsa contra a violencia de xénero..
  • Actos, xoves 25 de novembro: darán comezo ás 12:00 horas, Lectura do Manifesto na Praza do Concello, que será lido pola Concelleira de Muller e Igualdade. Posteriormente, levarase a cabo unha acción poética a cargo da escritora monfortina, Margarita Rodríguez Otero. E o acto rematará cun minuto de silencio por todas as vítimas de violencia machista.
  • Obradoiros para alumnado de 3º da ESO e 6º de Primaria dos centros de ensino de Monforte.
  • Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero, venres 26 de novembro ás 12:00 h. no Centro Cívico. Esta mesa está composta por profesionais de toda a comarca de Lemos que pertencen a distintas áreas de intervención: Social, Educativa, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Xustiza, Colexio de Avogados, Sanitarios,…Todas as reunións da Mesa de traballo inícianse cunha sesión formativa que nesta ocasión versará sobre a “As manifestacións da violencia de xénero. Normativa aplicable” e será impartida en liña por María Paz Filgueira Paz, Maxistrada especialista en violencia de xénero.

Centro de Información á Muller

O Centro de Información á Muller do Concello (CIM) prestou atención ás mulleres especialmente durante a pandemia, estando dispoñible as 24 horas. O incremento no número de mulleres atendidas polo CIM aumenta ano a ano:

  • Ano 2019, atención a vítimas de violencia de xénero: 281.
  • Ano 2020, atención a vítimas de violencia de xénero: 325.
  • Ano 2021, (ata o 15/11/2021), atención a vítimas de violencia de xénero: 359.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...