HomesociedadePreséntase en Samos o Club Turístico Gastronómico da castaña e do mel

Preséntase en Samos o Club Turístico Gastronómico da castaña e do mel

O acto terá lugar no Mesón Pontenova, entre as seis e as oito da tarde, deste mércores, 1 de decembro. Celebrarase un showcooking organizado polo GDR Ribeira Sacra-Courel dentro da iniciativa “Destino Courel”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación do Club turístico-gastronómico da castaña e do mel, amosará diferentes usos culinarios destes dous produtos estrela do xeodestino. As elaboracións culinarias con innovadoras receitas a base de castaña e mel correrán a cargo dos chefs Thadeu Castro e Nicolás López, que elaborarán tres pratos, un prato vexetariano, un guiso de prato principal e unha sobremesa.

A inscrición para asistir de balde a este novidoso showcooking pódese realizar a través da web www.destinocourel.org, coas prazas limitadas a 30 asistentes, que se reservarán por estrita orde de inscrición.

“Destino Courel” é unha iniciativa creada pola asociación GDR Ribeira-Sacra Courel que se definiu en 2020 como a marca do xeodestino O Courel, que abarca os concellos de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, e polo cal pasa o Camiño francés. O obxectivo é crear, mellorar e consolidar diferentes proxectos e negocios sustentables no Destino Courel de Lugo, o cal supón unha nova aposta por parte dos catro concellos por poñer en valor o talento e os recursos.

A semana pasada deron comezo as actividades co Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel” en Triacastela e o de Creación de Experiencias Turísticas, en Folgoso do Courel.

O Club Turístico Gastronómico da castaña e do mel que nace hoxe a nivel local, poderá contar con novas incorporacións, e os profesionais ou empresarios que se dediquen ao cultivo, elaboración ou comercialización da castaña e/ou do mel, poderán pertencer ao club sempre que se dediquen a dita actividade de forma profesional, para poder promocionar os seus produtos.

A base da creación deste Club de Produto de Turismo Gastronómico radica no traballo en equipo e na confianza para conseguir promocionar o produto da zona e favorecer o turismo. A certificación é o documento que acreditará a pertenza e será beneficiario o profesional ou empresa que preste o servizo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...