HomesociedadeMáis de medio millón de euros para a reforma do centro da...

Máis de medio millón de euros para a reforma do centro da Seguridade Social de Monforte

O Goberno investirá 514.110 euros nesta actuación que foi adxudicada á empresa Proyecon Galicia S.A, ademais dos 31.000 euros destinados á redacción do proxecto que realizou a UTE lucense LUDICA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións destinará un investimento de máis de medio millón de euros a estas obras de remodelación e acondicionamento do seu centro de atención ao público de Monforte.

Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses. Para acometer as obras, desde esta semana a Seguridade Social presta servizo temporalmente en instalacións municipais do Edificio Multiusos, situado na avenida Emilia Casas Baamonde

A execución do proxecto suporá a actualización do centro de atención á cidadanía, situado na rúa San Pedro número 4, que contaba cunhas instalacións moi deterioradas, con serios problemas de humidades e climatización motivados polo mal estado do seu illamento, e que nunca fora reformado desde a súa apertura hai 31 anos. A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte de Lemos a unha poboación potencial de máis de 55.000 persoas das comarcas de Lemos,Chantada e Quiroga.

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...