HomesociedadePreséntase en Monforte o proxecto PRALEITE para o peche de ciclos produtivos...

Preséntase en Monforte o proxecto PRALEITE para o peche de ciclos produtivos en ovino e caprino

O Parador de Monforte de Lemos acolleu a presentación dun proxecto piloto, para o peche de ciclos produtivos en Galicia a través do aproveitamento de produtos cárnicos e lácteos de ovino e caprino, o Proxecto Ruminantes ou “PRALEITE”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto foi presentado no Foro “Nacer e Medrar”, organizado pola Fundación Agroalimentaria de Galicia (FAGA) co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración de Santander Agro para promover o networking e intercambio de iniciativas emprendedoras entre empresarios e outros axentes do sector agroalimentario.

Jaime López, como secretario da CEL e de FAGA, e José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo, foron os encargados de presentar o Foro. Ambos coincidiron na necesidade de pechar ciclos produtivos no agroalimentario galego e no impacto que isto pode ter na loita contra o despoboamento. En palabras de Jaime López, “non nos queda máis remedio que mirar cara ao rural”, e de José Tomé,“producimos pero non transformamos, e iso é unha pena”; “temos unhas materias primas e uns produtos buenísimos, pero temos que traballar para que o valor engadido quede en Galicia”.

Proxecto Rumiantes

Da presentación do proxecto participaron veterinarios, membros de OVICA e empresas transformadoras con interese na produción da tipoloxía de explotacións prevista no proxecto. Entre outros, estiveron presentes representantes de Naturleite, Subministracións Megaro Foods, Entrepinares, Naturleite ou Dayrlac.

O proxecto Ruminantes ou Praleite xorde “por iniciativa da propia industria”, segundo destacou o presidente de FAGA e CEO de Megaro Foods, Carlos Cebrián. “Non nace como un proxecto subvencionado, se non que somos as propias industrias as que temos interese na produción cárnica e láctea de explotacións de ovino e caprino, e iso garante a súa viabilidade”.

Foro Nacer e Medrar / FAGA

Constituiuse a Fundación e realizouse un estudo especializado dun modelo de explotación que sexa viable e sostible en Galicia. A realización do estudo supuxo a visita de explotacións gandeiras por todo Galicia, e especialmente no sur de Lugo pola dispoñibilidade de hectáreas, e a definición dun modelo de explotación de ovino e caprino, alternativa ao gando vacún, especialmente para produción e leite destes animais, pero tamén de carne. Para o modelo de explotación definido en Praleite estudáronse a fondo as necesidades de investimento e financiamento, número máximo de animais que poida atender en cada unha para garantir a conciliación laboral e familiar e evitar o abandono das novas xeracións destas explotacións, investigación e innovación, cocientes de rendabilidade e xeración de emprego, entroutros. Estúdase agora a localización da primeira granxa deste tipo para comprobar os resultados do estudo e expandir o modelo por toda Galicia. O interese da industria garante a compra de toda a produción deste tipo de explotacións, “é unha garantía de éxito para o proxecto”, destacan desde FAGA.


A Fundación Agroalimentaria de Galicia (FAGA)

Constituída en xaneiro deste ano co impulso da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a Escola Galega de Carniceiros, Subministracións Megaro Foods e Embutidos Montepicato, está detrás deste proxecto. Entre os seus obxectivos fundacionais atópase o fomento da cooperación entre os distintos estamentos da sociedade co fin de reactivar e relanzar o sector agroalimentario galego ou a promoción da innovación e a tecnoloxía para a consolidación do sector agroalimentario da comunidade e o impulso de novos produtos, canles de distribución, procesos e comercialización dos produtos agroalimentarios galegos.

FAGA busca aglutinar e apoiar accións para facer fronte aos retos da industria agroalimentaria galega, promover iniciativas empresariais e transformadoras que redunden na promoción, a transformación, a modernización e a recuperación do sector agroalimentario da comunidade e a mellora do rendemento das explotacións e potenciar e/ou colaborar con estratexias que redunden en beneficio do sector agroalimentario galego. A propia Xunta, a través da Consellería do Medio Rural, declarou a FAGA Fundación de interese galego e de interese para o desenvolvemento do rural en Galicia.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...