HomesociedadeO Bar Cruceiro de Monforte repetirá a ‘búsqueda do décimo’

O Bar Cruceiro de Monforte repetirá a ‘búsqueda do décimo’

Tras o éxito do pasado Nadal, anuncian xa a posta en marcha do xogo que convida a buscar décimos de lotería escondidos polo barrio de San Antonio. Aqueles que os atopen poderán quedar con eles.

Publicado o

- Advertisement -

Laura Álvarez, titular do Bar Cruceiro e da Administración de Lotería que hai no mesmo local, deu moito que falar o pasado ano grazas a unha iniciativa que tivo para animar á xente ás portas do Nadal. Decidiu esconder varios décimos de lotería en recunchos insospeitados do barrio de San Antonio, onde se ubica a administración, e convidou a buscalos. A recompensa, quedar co décimo atopado en propiedade para poder xogalo no sorteo do 22 de decembro.

Pois ben, tal foi o éxito daquela acción que este ano Laura decidiu repetir o xogo. A “II busca do décimo” será os días 17, 18 e 19 de decembro, abríndose a veda para empezar a buscar o venres 17 pola tarde.

Bar Cruceiro, no barrio de San Antonio de Monforte / XdL

Nesta ocasión serán directamente dez os décimos agochados e, como no ano anterior, o que se esconderá será un vale que estará dentro dun sobre de plástico e será canxeable polo décimo orixinal no punto de venda –Bar Cruceiro–.

Só se fará entrega de décimos a maiores de 18 anos e un por persoa. O número escollido é o 98.681 e os boletos son “décimos azuis”.

Para rematar, Laura dinos que está confeccionando as pistas para dar cos escondites e lémbranos que irá dando detalles nas súas redes sociais. Así mesmo, cando comece o xogo tamén haberá que estar pendentes da información que se poña na porta do local coas indicacións pertinentes.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...