HomesociedadeObradoiro maxistral de Elena Ferro en Monforte

Obradoiro maxistral de Elena Ferro en Monforte

A emprendedora galega de éxito que triunfa como zoqueira dende o rural estivo no IES A Pinguela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Elena Ferro, a emprendedora e innovadora zoqueira de Merza, no Concello de Vila de Cruces, vén de impartir un obradoiro/demostración do seu traballo ao alumnado do ciclo medio de Calzado e Complementos de Moda do IES A Pinguela.

Elena mostrou os seus deseños e a evolución dos zocos que fabrica, realizou todo o proceso de elaboración dunha zoca clásica, dirixiu a montaxe e tamén iniciou aos presentes na súa decoración.

Dende o rural e con paso firme, esta emprendedora galega que herdou o obradoiro familiar inaugurado polo seu avó no ano 1915, puxo en valor un calzado histórico da cultura galega, os zocos. En palabras dela: “os zocos que deseño representan a nosa identidade cultural e social”.

Nas súas creacións, vangarda e tradición danse a man para calzar a novas xeracións de galegos e galegas, pero tamén a moita outra xente a nivel mundial seducida polos deseños e a calidade deste tipo de calzado.

Segundo nos traslada Enrique Sampil, o director do centro, “foi unha xornada intensa pero moi creativa para toda a familia profesional de Téxtil do IES A Pinguela”.

Foto de despedida de Elena Ferro / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...