HomesociedadeCompletada a renovación da estrada LU-933 entre A Pobra do Brollón e...

Completada a renovación da estrada LU-933 entre A Pobra do Brollón e Monforte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executou nos últimos días obras de reforzo do firme en 2,3 quilómetros da estrada autonómica LU-933 que discorren principalmente polo municipio da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación contou cun orzamento de 134.800 euros e deu continuidade aos traballos acometidos hai uns meses ata a parroquia monfortina de Chavaga, de forma que se completa a renovación do pavimento entre o casco urbano de Monforte de Lemos e A Pobra.

A primeira fase rematouse en decembro do pasado ano e supuxo un investimento de 336.400 euros para o acondicionamento de 6,7 quilómetros. Esta segunda fase desenvolveuse entre os puntos quilométricos 8,800 e 11,100. Os traballos consistiron na extensión dunha nova capa de rodadura con mestura asfáltica en quente en todo o ancho da calzada e o repintado da sinalización horizontal.

Con este tipo de melloras da rede de estradas autonómicas na provincia de Lugo a Consellería ten por obxectivo manter condicións axeitadas de seguridade e funcionalidade.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...