HomesociedadeOviganic Ibérica compra dúas parcelas máis no Polígono do Reboredo en Monforte

Oviganic Ibérica compra dúas parcelas máis no Polígono do Reboredo en Monforte

A venda de máis de 51.000 metros cadrados neste ano 2021 supuxo que no polígono de Monforte de Lemos só queden dispoñibles 4 parcelas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sociedade estatal “Suelo Empresarial do Atlántico”, dependente do Ministerio de Transportes a través de Sepes, subscribiu coa empresa Oviganic Ibérica a venda de dúas novas parcelas, que suman 8.988 metros cadrados de superficie, por un importe de 212.071’86 euros, no polígono de Monforte.

A xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, mostrou a súa satisfacción por unha nova operación que confirma o potencial para a industria e o emprego da área industrial de Reboredo en Monforte de Lemos, no que se puxeron en uso ata un total de 15 parcelas en pouco máis de dous anos.

Oviganic Ibérica dá emprego a máis de 80 de traballadores e redobra así a súa aposta polo polígono de Reboredo, no que xa ten situadas as súas actuais instalacións. A compañía, líder en fabricación de materias primas lácteas de ovella e cabra de alta calidade en Europa, foi adquirida en 2019 polo grupo de orixe chinesa YeePer.

Beatriz Sestayo mostrou a súa satisfacción pola futura perspectiva de creación de emprego e de desenvolvemento económico do polígono de Monforte de Lemos, no que se pecharon acordos con ata 6 empresas en só este 2021. En total, neste ano “SEA” vendeu ata 8 parcelas, que supoñen 51.073 metros cadrados e máis de 1,2 millóns de euros de investimento empresarial en chan industrial. En pouco máis de dous anos, “Suelo Empresarial do Atlántico” vendeu 15 parcelas, o que permitiu que na área industrial de Monforte de Lemos xa só queden dispoñibles catro parcelas. “A sinerxia positiva do polígono é unha realidade e non unha casualidade”, explicou Beatriz Sestayo.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...