HomesociedadeMiguel Martínez, novo Inspector da Policía Local de Monforte

Miguel Martínez, novo Inspector da Policía Local de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou na mañá deste luns, 13 de decembro, a acta de toma de posesión de Miguel Martínez Díaz da praza de Inspector do corpo de Policía Local de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Miguel Martínez adquire a condición de funcionario de carreira da escala executiva da Policía Local, na categoría de Inspector, subgrupo A2, na escala de administración especial para o que foi nomeado por Decreto de Alcaldía do 10 de decembro de 2021.

Previamente, Miguel Martínez superou o concurso-oposición convocado polo Concello así como o correspondente curso de capacitación na Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada.

Acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde e Concelleira de Réxime Interior, Gloria Prada e o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle Cillero, o Alcalde aproveitou tamén este acto de toma de posesión para departir co novo Inspector da Policía Local sobre diversos aspectos relacionados coas súas funcións na cidade e no conxunto do Concello.

ÚLTIMAS

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...

Os socialistas de Sarria denuncian que “os veciños asumirán o plan económico de Garrido”

Segundo os socialistas, esta subida de impostos "é consecuencia directa do incumprimento da regra...

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...