HomesociedadeClausúrase en Sarria o ciclo Xuntos contra a violencia de xénero

Clausúrase en Sarria o ciclo Xuntos contra a violencia de xénero

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, clausurou este luns, 13 de decembro, en Sarria o programa Xuntos contra a violencia de xénero, organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (COGAVE) co apoio da Consellería de Emprego e Igualdade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na charla coloquio de Sarria interviñeron Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de violencia de xénero; Paula Suárez Guillón, pedagoga experta en intervención social, e Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica.

Javier Arias destacou que se aborda o problema desde un enfoque multidisciplinar co obxectivo de previr e dar visibilidade a esta lacra, “ao tempo que instamos a denunciar os casos e fomentamos o apoio ás vítimas para que reciban en tempo e forma a axuda que necesitan, tanto social, médica e psicolóxica coma policial e xurídica”, afirmou.

Nas últimas semanas celebráronse outras seis xornadas de sensibilización nas catro provincias galegas, dúas na cidade de Lugo e as demais na Coruña, Vigo, O Carballiño e Poio. En Sarria a Consellería achegou 15.000 euros para o desenvolvemento desta actividade.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...