A AV do Saviñao solicita de Caixa Rural unha oficina no concello

Na actualidade este concello de 3.550 habitantes conta con dous bancos cando ata hai pouco había catro.

O Saviñao letras benvida / Concello do Saviñao

A asociación veciñal do Saviñao trasmite a demanda dun bo número de veciños de solicitar a Caixa Rural a apertura dunha oficina en Escairón, capitalidade do Concello do Saviñao.

As oficinas que na actualidade están operativas atópanse colapsadas case a diario “con longas esperas no exterior do edificio e horarios de atención ó público moi limitados que xeran descontento nos depositarios, polo que hai moitos veciños dispostos a cambiar a unha entidade bancaria mais racional e próxima á xente”, sinalan desde a asociación.

Nesta situación solicitan da entidade que valore a idoneidade da apertura dunha oficina no concello.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here