HomesociedadeQuiroga adhírese ao convenio da FEGAMP e a USC para as prácticas...

Quiroga adhírese ao convenio da FEGAMP e a USC para as prácticas académicas

O Concello de Quiroga vén de adherirse ao convenio asinado entre a Fegamp e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do alumnado nas instalacións do concello, así como para achegar aos seus expertos para aquela parte da docencia teórico‐práctica especializada que fora precisa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As prácticas que os alumnos fagan poden ser: Curriculares, contempladas nos plans de estudo; Prácticas conducentes á elaboración dos Traballos fin de grao / Traballos fin de máster, e Extracurriculares, ou complementarias.

A través deste convenio a FEGAMP comprométese a colaborar coa USC a través das distintas facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias, facilitando ao alumnado a realización de prácticas académicas externas que lle permita completar a formación recibida nas aulas.

A realización efectiva das prácticas convocadas poderá exceder o período ordinario do curso académico con límite ata o 30 de setembro do curso seguinte, tendo prioridade nos procesos de selección as prácticas curriculares sobre as extracurriculares. Así mesmo outorgarase prioridade na elección e adxudicación de prácticas ao alumnado con discapacidade.

As prácticas externas curriculares terán a duración que estableza o plan de estudos correspondente, e as prácticas externas extracurriculares terán unha duración non superior ao cincuenta por cento do curso académico, é dicir, 750 horas.

Para a realización das prácticas académicas externas o alumnado deberá estar matriculado na titulación á que se vinculan as prácticas segundo as competencias que debe adquirir e non poden ter superados os créditos vinculados a prácticas externas curriculares, así como non ter realizado o depósito do título.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...