HomesociedadeA recollida de lixo en Monforte adiántase en Noiteboa e Fin de...

A recollida de lixo en Monforte adiántase en Noiteboa e Fin de Ano

O Concello de Monforte informa de que os días de Noiteboa e de Fin de Ano haberá cambios no servizo de recollida do lixo, para que os traballadores da concesionaria da recollida poidan disfrutar desas datas festivas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 23 e 30 de decembro, os traballadores non retirarán das rúas os cubos habilitados diariamente para a recollida de lixo. Esas dúas xornadas si se realizará a recollida de lixo, pero os cubos quedarán depositados na rúa ata o inicio da recollida dos días posteriores – o día de Noiteboa (día 24) e Fin de Ano (día 31 de decembro)- co obxectivo de axilizar as tarefas de recollida os mencionados días.

Os días 24 e 31 de decembro a recollida comezará ás 15 horas e rematará ás 19 horas. Este horario de recollida afectará tanto ó servizo de recollida de fracción resto coma ó servizo de recollida de cartón porta a porta no casco urbano de Monforte. Deste xeito, procederase tanto á recollida de lixo como á recollida de cubos.

Os días 25 e 31 de decembro e o 6 de xaneiro a empresa de recollida de lixo realizará os servizos propios e habituais de domingos e festivos.

A Concellería de Medio Ambiente lamenta as molestias que puideran derivarse deste cambio e pídese a colaboración de todos os veciños e veciñas, así como dos comerciantes.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...