IniciosociedadeUsa os colectores de cores: se ti separas, nós reciclamos

Usa os colectores de cores: se ti separas, nós reciclamos

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, visitou no Campo de San Antonio a carpa da campaña informativa sobre a reciclaxe de residuos domésticos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, visitou no Campo de San Antonio a carpa da campaña informativa sobre a reciclaxe de residuos domésticos, que foi dirixida a todos os monfortinos e monfortinas, e que estivo organizada polas Concellerías de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Monforte.

A visita serviu para clausurar unha campaña informativa que deu comezo o pasado 29 de novembro e que se estendeu ata o 23 de decembro. “Baixo o lema Usa os colectores de cores: si ti separas, nós reciclamos, o noso obxectivo”, sinalou o Alcalde, “foi informar ós nosos veciños e veciñas, así como os comerciantes de Monforte sobre as claves para que poidan levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que xeran nos seus  fogares”.

O Alcalde destacou que “este ano, como novidade, quixemos achegar esta información directamente ó cidadán. Para isto fixemos una campaña informativa porta a porta, desenvolta por unha persoa especializada en medio ambiente que fixo visitas domiciliarias, tanto no núcleo urbano como nas diferentes parroquias, e que tivo moi boa resposta por parte da cidadanía”.

Dese xeito, fíxose un reparto de folletos informativos, tanto no casco urbano por barrios así como nas parroquias, nos que se explicaron as diferentes fraccións a reciclar, así como os teléfonos de contacto e horarios de apertura do punto limpo de Monforte.

No ámbito urbano aproveitouse tamén para facer visitas ós comercios, recordándolles os diferentes servizos cos que poden contar, como pode ser a recollida porta a porta do cartón comercial, indicando os puntos de recollida máis próximos e os horarios de recollida.

Con esta campaña informativa o Concello busca tratar de mellorar os ratios de reciclaxe de todas as fraccións recollidas de forma selectiva, ben sexan envases, papel/cartón e vidro, xunto con outros residuos que se recollen de forma separada, como son os mobles e enseres, aceite e roupa usada.

Tamén trátase de fomentar o uso do punto limpo, tratando de eliminar os vertidos incontrolados que se producen de forma periódica en diferentes puntos do Concello.

A campaña incidiu especialmente no tipo de residuos que se deben depositar en cada un dos colectores específicos que para elo pon o Concello a disposición dos cidadáns:

  • Colector azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… E nel non se pode depositar nada que non sexa de papel ou cartón, por exemplo, bolsas de plástico, briks, envases, etc.
  • Colector amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. Neste colector non se poden depositar residuos tales como CD’s, roupa, bombillas, residuos orgánicos ou produtos contaminantes.
  • Colector verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Non admite todo aquelo que non sexa vidro: tapóns e tapas dos tarros, cristais de espellos, ventás…

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...