HomesociedadeComeza a mellora das cubertas das naves do polbo de Monforte

Comeza a mellora das cubertas das naves do polbo de Monforte

Este martes, 28 de decembro, comezaron as obras de mellora das cubertas das naves do polbo do campo da feira de Monforte, que foron adxudicadas á empresa Intelga-Mundoor SLU por un importe superior ós 70.000 euros (70.161,85 €). A execución da obra ten un prazo de 1 mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os dous edificios obxecto desta intervención de mellora son de similar tipoloxía, formados por unha cuberta a dúas augas resolta actualmente con placas de fibrocemento. As naves sobre as que se actuará son as que se utilizan, durante a  celebración das feiras mensuais dos días 6 e 24, para a venta de produtos da zona e para a elaboración e consumo de polbo á feira.

Os traballos acometerán a substitución das placas de fibrocemento e placas translúcidas existentes que forman a cuberta actual destas naves por placas de panel sándwich de chapa galvanizada e lacada con alma illante de poliuretano de 3 cm de espesor e tres grecas para unha mellora na daresistencia mecánica fronte a cargas, e con illamento térmico e policarbonato celular translúcido na zona dos lucernarios existentes.

Aproveitase para substituír tamén os elementos do sistema de recollida de augas pluviais, canlóns e baixantes de PVC por outros novos en chapa de aluminio lacado.

O Alcalde destacou que “dende o Equipo de Goberno seguimos desenvolvendo o noso plan de mellora de infraestruturas urbanas da nosa cidade, neste caso para solventar as deficiencias das cubertas das naves do polbo. Cabe recordar que recentemente  tamén levamos a cabo dúas actuacións deste tipo e de gran relevancia, como foron a renovación das cubertas da Praza de Abastos de Monforte, por un importe superior ós 63.000 euros (63.624,16 €) e as do Edificio Multiusos, por máis de 255.000 euros (255.812,85 €), proporcionar así mellores servizos ós nosos cidadáns”.

ÚLTIMAS

Inscricións abertas para o Quiroga Bike Marathon que se celebra en setembro

O recorrido do Quiroga Bike Marathon levará aos  ciclistas a unha espectacular paisaxe pasando...

Novo parque infantil e zona de horto no colexio de Samos

O deputado de Rural e Mocidade, Daniel García, coñeceu no CEIP de Samos, as...

Os centros de ensino de Monforte levan a escea as súas pezas teatrais no mes de maio

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte contará con...

Accidente múltiple en Sober por mor da saraiba

Dous vehículos chocaron e un terceiro saíuse da estrada este martes no municipio lucense...