HomesociedadeAberta ata finais de xaneiro a inscrición no Coworking Ribeira Sacra

Aberta ata finais de xaneiro a inscrición no Coworking Ribeira Sacra

Está aberto o prazo de inscrición na sexta edición do Espazo Coworking Ribeira Sacra 2022 de Monforte de Lemos, polo que xa se pode formalizar a solicitude. O período de inscrición permanecerá aberto durante todo o mes de xaneiro de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A previsión é que esta sexta edición programa Coworking dea comezo no primeiro trimestre do 2022, logo de que contara cun gran éxito de participación nas cinco edicións anteriores. Por este motivo, agora vólvese a retomar o programa, ante a demanda deste tipo de asesoramento para o acompañamento, maduración e estudo de ideas empresariais na comarca de Lemos.

O 6º Coworking Ribeira Sacra desenvolverase, como nas edicións anteriores, nas instalacións municipais Expolemos. Destínase a aquelas persoas que teñan en mente un proxecto empresarial de calquera sector, xa sexa turístico, gastronómico, de servizos, agrícola, etc..

Ofrecerá asesoramento e titorización gratuíta, aproximadamente durante 6 meses, onde os emprendedores, así como aqueles proxectos de empresa que están na súa fase inicial, recibirán formación e dispoñerán dun mentor que os axudará a validar e lanzar o seu proxecto.

Ademais poderán participar en diversos talleres e eventos con profesionais en comunicación, finanzas, vendas, comercio on-line, entre outras disciplinas, adaptadas a cada un dos proxectos empresariais.

Para información e inscricións cóntase coa Oficina de Promoción Económica e emprego do Concello de Monforte de Lemos (Casitas da Compañía) e no teléfono: 982884775/982884689.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...