HomesociedadeMonforte reparte 190.000 máscaras a partir do día 10

Monforte reparte 190.000 máscaras a partir do día 10

O Concello destina 10 unidades de máscaras por persoa, que “é a maior cantidade repartida por persoa, por unha administración pública, tanto local coma autonómica, cun total de 190.000 unidades de mascarillas, destinadas a todos veciños e veciñas censados en Monforte”, destacou o Alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte anuncia un novo reparto masivo de máscaras a todos os cidadáns censados en Monforte, no que se inclúen tanto adultos como nenos e nenas. As máscaras poderán ser recollidas por todos os cidadáns censados en Monforte dende o vindeiro luns 10 e ata o venres 14 de xaneiro no Edificio Multiusos en horario de mañá.

O reparto que dará comezo o vindeiro luns 10 de xaneiro e poñeranse a disposición dos monfortinos un total de 190.000 unidades de máscaras, tanto para adultos como infantís, co obxectivo de facilitar ós veciños medidas de prevención e contención ante o Covid-19.

O Alcalde destaca que “dende o Equipo de Goberno do Concello somos conscientes que novamente é necesario que axudemos a protexerse ós nosos cidadáns ante a incidencia do Covid-19 e da súa variante Omicrom, e para elo organizamos o que é o cuarto reparto masivo a poboación monfortina de mascarillas, que desenvolveremos dende o Edificio Multiusos a próxima semana”.

Estas 190.000 mascarillas engádense ás 260.000 mascarillas repartidas dende o Concello no ano 2021. No ano 2020, o Concello repartiu 150.000 mascarillas entre todos os cidadáns monfortinos, destinou 23.000 unidades a alumnos de todos os centros educativos e 12.000 distribuíronse entre os comerciantes e hostaleiros da cidade.

O Alcalde subliñou que “con este novo reparto que poremos en marcha a partir do vindeiro luns, o Concello de Monforte destinou para a súa poboación, dende o inicio da pandemia da Covid-19, máis de 635.000 máscaras, unha cifra que creo que poucas administracións poden igualar, proporcionalmente falando. Dende o Equipo de Goberno mantemos así o noso compromiso de seguir axudando de forma continuada ós nosos veciños e veciñas, mentres dure esta crises sanitaria”.

O Concello de Monforte leva investido máis de 2,4 millóns de euros en todo tipo de axudas e accións, así como  adquisición de material sanitario para mitigar os efectos do Coronavirus.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...