HomesociedadeO Incio falla o concurso de decoración de vivendas polo Nadal

O Incio falla o concurso de decoración de vivendas polo Nadal

16 vivendas de diferentes parroquias do municipio participaron no concurso de decoración deste Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este concurso consistía na decoración de vivendas, fachadas e balcóns polo Nadal, coa finalidade de promover e contribuír a crear un ambiente festivo no Concello nestas datas.

xurado estivo formado por: Dª Begoña Otero Fernández, directora do C.E.I.P. Ricardo Gasset do Incio; Dª Mª Elena Rodríguez Losada, monitora do obradoiro de emprego de Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón e D. Asier Maceda González, administrativo do Concello do Incio.

O primeiro premio, de 150€, foi para Luis López Arias de Barreiro (S Pedro do Incio), o segundo, dotado con 100€, foi para Pilar López Vide de A Cruz do Incio e o terceiro para Silvia Macía (Hospitald o Incio) e Manuel Veiga (Dontide) que se reparten 25€ cada un.

Desde o concello agradecen a boa resposta da veciñanza e informan aos participantes de que recibirán os seus premios nos vindeiros días.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...