HomesociedadePunto Limpo Móbil no concello de Bóveda para fomentar a reciclaxe

Punto Limpo Móbil no concello de Bóveda para fomentar a reciclaxe

O Concello de Bóveda conta cun novo servizo municipal de recollida de residuos, un punto limpo móbil que percorrerá as 14 parroquias do concello de modo periódico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A localización e datas da ruta do punto limpo móbil daranse a coñecer nas redes sociais, no taboleiro de anuncios do concello e no panel informativo que estará instalado xunto ao colector do Punto Limpo Móbil

Con este novo servizo favorécese que a veciñanza poida depositar residuos domésticos que non poden se eliminados por medio dos servizos convencionais de recollida de lixo. Neste novo punto limpo móbil poderá depositarse: pilas e baterías, vidro, plásticos, papel e cartón, pequeno electrodomésico, rupa e calzado, aceites usados e lámpadas e tubos fluorescentes. Son residuos non admitidos neste novo servizo: entullos, madeira, pneumáticos, porexpán, restos de poda, residuos radiactivos ou sanitarios e materi orgánica.

O novo servizo pretende evitar as verteduras incontroladas de residuos que non poden ser eliminados a través dos servizos convencionais, fomentar a adecuada clasificación dos residuos para a súa reutilización e reciclaxe, conservar o medio ambiente con ferramentas de proximidade para promover a eficiencia dos recursos e fomentar sistemas de recollida cómodos para os cidadáns.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...