HomesociedadeDani de la Torre, director do anuncio e da Gala dos Goya

Dani de la Torre, director do anuncio e da Gala dos Goya

O director monfortino, protagonista por partida doble da cerimonia de entrega dos 'Oscar do cine español'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A 36 edición dos ‘Premios Goya‘, que se celebrará este ano o día 12 de febreiro no Palau de Les Arts de Valencia, estase anunciando dende o pasado xoves 13 de xaneiro cun spot que ten como protagonista ao senlleiro José Sacristán, actor español que recibirá ademais o ‘Goya de Honra‘.

O anuncio, no que Sacristán vende ‘porta a porta’ o cinema español ofrecendo nas súas visitas as películas nominadas aos premios da Academia de Cine, tivo na dirección ao monfortino Dani de la Torre. O cineasta galego e o seu equipo apostaron neste traballo audiovisual por “unha historia entrañable” na que un dos actores máis importantes da historia do cine español vai de casa en casa explicando as virtudes das películas españolas.

Pero non queda aquí a achega de ‘De la Torre’ á celebración dos Goya. O monfortino será tamén o director da gala, unha responsabilidade que comparte cun equipo de guionistas que tamén participaron no anuncio. Trátase de Bárbara Alpuente, Ángela Armero, Nuria Roca e Alberto López.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...