IniciosociedadeComezan as obras de urbanización da Zona C de Monforte

Comezan as obras de urbanización da Zona C de Monforte

A Zona C comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas. O proxecto de urbanización e dotación de servizos foi adxudicado á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos que comezaron este martes, 18 de xaneiro, fano co desbroce do
terreo. Se se cumpren os prazos previstos, a obra estará completada no verán deste ano. O proxecto conta cunha axuda de 300.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento aportado polo Concello monfortino, é dicir, 618.165,09 euros, un 67,33% do total.

“Estas obras van permitir eliminar a balsa de maleza que existe dende o final da rúa Rof Codina ata a rúa Cobas e na rúa Fontecha, abrindo novos viais, creando novas parcelas para edificar e unha nova zona verde axardinada arredor da Gardería Municipal” destacou o rexedor
municipal.

Desde o concello aseguran que se cambiará a fisonomía da cidade, mellorando a trama urbana e poñemos en valor, unha zona da moi preto do monumento da Nosa Señora da Antiga, “o que sen dúbida vaille dar unha maior calidade urbana a esa parte de Monforte”.

Proxecto de urbanización e dotación de servizos da Zona C

A superficie resultante, unha vez urbanizados estes terreos, quedará do seguinte xeito:

  • Para rúas novas, 6.323 metros cadrados.
  • Para espazos libres e axardinados, 8.982 metros cadrados.
  • E para solares, 5.785 metros cadrados.

O aproveitamento urbanístico destes 5.785 metros cadrados urbanizables é de 22.230 metros cadrados edificables, dos cales 4.744 metros cadrados serían baixos e 17.486 metros cadrados serán para vivendas. As edificacións serán de baixo máis tres alturas, na marxe dereita con fachada e traseira e na marxe esquerda deberán ser dobre fachada, por contar con paseos peonís entre os edificios e a zona axardinada.

Os accesos á Gardería Municipal van ser peonís por seguridade dos nenos e das nenas que acudan a esta gardería, tendo a posibilidade de estacionar moi preto a ambos lados da Gardería. Tanto as novas beirarrúas como o acceso peonil á Gardería, serán de lousas de granito, o que vai realzar a singularidade desta urbanización.

Nas rúas de nova creación, vanse crear 67 prazas de estacionamento e 3 para persoas con discapacidade, o que facilitará a mobilidade de todos os veciños e veciñas de Monforte.

“Con este proxecto melloraremos as comunicacións dende a Avenida de Galicia a través da rúa Rof Codina ó barrio de Cobas, dándolle unha solución urbanística de menor impacto ó final dos edificios da rúa Rof Codina, especialmente no remate da beirarrúa da esquerda e valorizando toda esa zona” recorda o rexedor monfortino.

Ademais de novas rúas e de parcelas edificables, tamén haberá unha nova zona axardinada duns 6.000 m2 aproximadamente arredor da Gardería Municipal e do borde ó longo do río Cabe, dándolle unha semellanza ó xardín do Parque dos Condes, quedando as dúas marxes do río Cabe como zonas verdes, poñendo en valor esa zona da cidade.

“O proxecto de urbanización da Zona C vai ser pioneiro en Monforte e en moitos outros concellos de Galicia, pois hai moi pouca experiencia neste tipo de urbanizacións, e a través del imos mellorar urbanisticamente unha zona sensible para a nosa cidade, que cada vez ten máis vida, como é a contorna do río, a proximidade do conxunto monumental de Nosa Señora da Antiga, máis coñecida como Escolapios, e o Barrio de Cobas”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...