HomesociedadeXermán Arias, Luthier sarriao e imaxe dun mural que pode ser o...

Xermán Arias, Luthier sarriao e imaxe dun mural que pode ser o mellor do mundo

O artista Mon Devane, mediático muralista ourensán, retratouno nunha das súas obras que opta a ser unha das mellores do mundo nunha prestixiosa plataforma que promove o arte urbano a nivel internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mural en cuestión realizouse no Concello de Triacastela para a exposición “Las Estrellas del Camino” de Estrella Galicia, representa ao Luthier de Sarria Xermán Arias e agora vén de ser seleccionado pola comunidade de arte urbano Street Art Cities entre as cen mellores obras urbanas do pasado 2021.

Sabemos por Xermán, protagonista do mural, que a fotografía foi sacada polo equipo de traballo de Mon Devane e que lle pareceu “unha obra fabulosa por captar tan ben o momento de concentración no traballo”.

O autor da obra, Mon Devane, tamén fixo o pasado ano o mural de Xela Arias onde a Capela do Lázaro en Sarria e outros por diferentes puntos da Ribeira Sacra a partir de encargos do Consorcio de Turismo.

Pódese votar polo mural de Xermán Arias accedendo á web de Street Art Cities.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...